Xoguetes en la web del ayuntamieto
MULLER E BENESTAR SOCIAL O CONCELLO DE LUGO PROMOVE UN ANO MÁIS UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES COA ASOCIACIÓN LÓSTREGOS LUCUS 1/12/2008
Os xoguetes poderán entregarse ata o 22 de decembro en diferentes establecementos da cidade
• O Concello de Lugo e a asociación Lóstregos organizan unha campaña de recollida de xoguetes con destino a nenos con poucos recursos económicos. A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, e o presidente da asociación Lóstregos Lucus, Raúl Rocha, presentaron esta acción solidaria na que esperan a colaboración de todos os lucenses. É o segundo ano que se leva a cabo a campaña de Xoguetes en Movemento que pretende concienciar e sensibilizar á poboación nestas fechas previas ó nadal ante a situación de desigualdade social existente. Trátase de axudar a moitas familias que viven en situación de pobreza, sobretodo aos nenos e nenas que se atopan nunha situación de carencias e necesidades sen cubrir. Unha destas necesidades é a falta de recursos para que estes nenos e nenas poidan acceder libremente ao xogo e gozar dos xoguetes. Así, a recollida de xoguetes enténdese como unha resposta por parte da cidadanía ante esta situación e como unha actividade máis de sensibilización.Dende o Concello e a Asociación preténdese que os nenos conten cun dos elementos fundamentais de aprendizaxe na infancia, o xogo, para que poidan desenvolver as capacidades acordes á súa idade. Esta campaña de recollida de xoguetes levarase a cabo gracias á colaboración desinteresada dos veciños dos municipio que poden colaborar levando xoguetes non sexistas, non bélicos e non usados. Ata o 22 de decembro realizarase a recollida de xoguetes en diversos establecementos da cidade:
- La Cosechera de 1966
- A Esmorga
- La Internacional
- Chiqui
- Soho
- Cook
- Pasarela
-Chuché
Los juguetes serán entregados por un Papá Noel motorizado, escoltado por una nutrida representación de motos de los distintos moto-clubs de la provincia de Lugo, en la mañana del 24 de diciembre. Este año, los niños receptores, se encuentran en el Hogar de la madre Encarnación y en las religiosas de Maria Inmaculada

